Os galegos que en 2024, comecen a súa actividade por conta propia, que se fagan autónomos, terán cota 0. É a primeira vez que se da esta medida en Galicia, anunciábaa esta mañá en Vilagarcía o presidente da Xunta. Alfonso Rueda estima en 8 mil euros as axudas que poderán recibir os novos autónomos con todas as medidas previstas polo goberno galego.
E mentres o presidente facía este anuncio, a oposición no Parlamento comunicou a súa intención de presentar emendas á totalidade ós orzamentos do ano que vén
- Os bombeiros comarcais, en folga desde xuño, levaron hoxe a súa protesta a Ourense. De novo con incidentes e carga policial
Uns douscentos axentes chegados desde as catro provincias, concentráronse esta mañá ante a Deputación. Agora mesmo non hai ningunha negociación aberta.
- Tráfico substitúe ó helicóptero con base na Coruña por dróns.
Os traballadores critican este cambio: consideran que irá en detrimento da seguridade vial.
- A asociacion unificada da garda civil non descarta presentar unha denuncia en Inspección polas obras no cuartel de Santiago.
Denuncia o risco laboral e persoal para os 90 axentes destinados no posto compostelán.
- As navallas das Cíes chegan ó mercado.
A confraría de Cangas presenta o venres o proxecto de lanzamento de 9 mil latas. Unha iniciativa conxunta co Parque Nacional das Illas Atlánticas