Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 23/11/22
23/11/2022
44:05
O xuízo do Alvia deixa hoxe unha afirmación que non se escoitara ata o de agora: Andrés Cortabitarte, un dos acusados, suprimiu as comisións mixtas de seguridade entre Renfe e Adif xa en 2008, cinco anos antes do accidente do tren en Angrois.
Así o declarou o actual secretario do comité de empresa de Renfe, Juan Carlos Cañas, que declarou como testemuña. Tamén certificou que para os maquinistas é obrigatorio responder o teléfono corporativo, como fixo Francisco José Garzón segundos antes do sinistro.