Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 24/01/25 24/01/2025 44:59

Crónica de Galicia - 24/01/25

Tormenta política no socialismo galego. Tras varios días de especulacións, confirmouse a nova que xa era un segredo a voces: a dirección do PSdeG expulsa os catro edís do concello de Santiago que non acataron as decisións da dirección do partido. Gonzalo Muíños, Mercedes Rosón, Mila Castro e Marta Álvarez teñen tres días para presentar alegacións antes de que se confirme a expulsión definitiva.

Un movemento que deixaría con só dous edís ós socialistas na capital galega e que, segundo os edís saíntes, podería abrir as portas do consistorio compostelán a Aitor Bouza, quen non logrou acta nas últimas eleccións municipais

- A Audiencia nacional propón xulga a oito persoas pola operación de compra-venda da planta que Alcoa tiña na Coruña.

Son directivos de Alu Ibérica acusados de apropiación indebida e administración desleal.

- Unións Agrarias pide rematar coa discriminación ós productores de leite galegos.

Este trimestre renóvase o 90 por cento dos contratos. O sindicato pide unha reunión coa Xunta, a industria e os distribuidores.

- A organización ecoloxista Greenpeace contratou ó estaleiro Freire de Vigo a construcción do que será o seu meirande barco.

O barco que non empregará enerxías contaminantes. O corte de chapa está previsto para esta primaveira.

- O Sergas aspira a mellora-lo cribado de cancro de mama cun programa de detección centrado nos factores de risco específicos de cada paciente.

Trátase dun proxecto que se desenvolve xa cunhas 4.000 mulleres galegas. O resultado coñecerase dentro de dous anos.

- O tempo.

A Xunta activou este mediodía un aviso laranxa por temporal costeiro no litoral atlántico, por chuvia na provincia da Coruña e por vento na MAriña

Galicia Informativos
Más opciones