Crónica de Galicia - 24/11/24
A atención arestora está na Audiencia Provincial da Coruña... Alí decídese o futuro dos cinco acusados polo crime de Samuel Luiz. O xurado popular está a trasladar o seu veredicto tras unha semana de deliberación. Son cinco persoas as investigadas, as peticións de pena de prisión van desde os 22 ós 27 anos. De contado damos conta do avance da lectura do veredicto...
Todo nunha mañá previa ó día internacional de eliminación da violencia de xénero. En Galicia están a aumentar as cifras desta lacra entre menores.
Mentres, en Ourense, manifestación contra o aumento de parques eólicos.
E no tempo de entrevista recibimos ó líder dos socialistas galegos José Ramón Gómez Besteiro.
Antes, primeira parada en Meteogalicia nun día con novos avisos por temporal costeiro, vento e chuvias: o peor no oeste e suroeste da Coruña, Rías Baixas, Miño de Pontevedra e na Mariña. Vimianzo marca o récord con refachos de case 160 quilómetros por hora este mediodía