Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 24/12/23 24/12/2023 30:09

Día de Noiteboa de luto na provincia da Coruña. Esta madrugada a cidade espertaba coa noticia da morte dun mozo, veciño de Arteixo, de tan so 22 anos por acoitelamento. As causas do suceso estanse a investigar. De contado ampliaremos os detalles desta última nova. Tamén lembramos hoxe o aniversario do accidente do Lerez, en Cerdedo Cotobade. Esta noite cúmprese un ano do fatal suceso que acabou coa vida de sete persoas.

No tempo de entrevista conversaremos coa cociña económica da Coruña que atende todo o ano incluindo esta noiteboa a centos de persoas en situación de pobreza severa

Galicia Informativos
Más opciones