Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 24/01/22 24/01/2022 44:41

Os detalles que se van coñecendo sobre un proxecto pra instalar 80 muiños eólicos na costa ártabra xeran preocupación na zona. Dende o sector pesqueiro alertan de que afectaría a importantes caladoiros de xurelo, pescada ou xarda, e pon en perigo a actividade de ducias de barcos do arrastre. Tamén preocupa ós colectivos conservacionistas... esa zona é un importante corredor migratorio pra aves en perigo, coma as pardelas, e tamén zona habitual de paso de mamíferos en risco coma as marsopas... Ata a liña de evacuación afectaría, segundo o rexedor de Arteixo, a unha zona catalogada por Rede Natura

Galicia Informativos
Más opciones