No xuizo do Alvia hoxe compareceron dous expertos europeos que fixeron un informe para a aseguradora de Renfe. Aseguraron que non se avaliaron ben os riscos na curva da Grandeira e que sucedera o accidente era cuestión de tempo.
Descarrila outro tren na vella línea entre Santiago e Ourense. Hoxe foi un convoi que transporta lixo de Sogama. O maquinista resultou ferido leve. A vía permanece pechada.
A economía galega relentízase. O Foro económico de Galicia conclúe que se deten o proceso de converxencia coa media do Estado.
O Museo de Pontevedra devolve mañá a Polonia dous cadros espoliados polos nazis. Son dúas táboas flamencas do século XVI que adquirira en propiedade nos anos noventa.
O tempo. poucas variacións o vento do nordés aumenta a sensación de frío.