Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 24/03/21 24/03/2021 49:58

Os hospitais galegos baixaron a terceira vaga. As camas e UCIs ocupadas están en niveis de outubro.

Hoxe volveron as vacinas a traballadores esenciais. Segundo o conselleiro de Sanidade, unhas 67 mil persoas destes colectivos xa recibiron a súa dose.

No consello interterritorial desta tarde, Galicia rexeita ampliar as restricións. Sí pedirá ao Ministerio que se evite que veñan persoas doutras comunidades se os galegos non poden saír.

No Parlamento galego, a dous días da xuntaza entre os líderes dos tres partidos, a oposición centrou a sesión de control na relacion do PP galego coa Caixa B do Partido POpular.

Hai uns minutos asinábase en madrido Acordo por unha transición enerxética xusta. Importante pro futuro da comarca de ferrolterra.

Na audiencia de POntevedra quedaron vistos pra sentenza os recursos presentados contra unha sentenza que condenou a Audasa a devolve-las peaxes cobradas durante as obras da ponte de Rande.

No tempo. Temperaturas algo máis baixas, ceos pouco anubrados

Galicia Informativos
Más opciones