Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 24/03/22 24/03/2022 45:01

Disgusto das familias dos mariñeiros falecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo. O Goberno comunicoulles que non vai enviar ningún para tentar localizar arrastreiro afundido no caladoiro de Terranova.

A industria do mexillón está paralizada tamén pola folga no transporte e os prezos dos carburantes. Os bateeiros non recollen o produto das cordas polos costes do gasoleo e a industria non traballa pola falta de mexillón e de subministros.

Cambios no protocolo de illamento dos positivos en coronavirus. Desde o luns, Galicia illará só ós contaxiados vulnerables. Sanidade pide manter as mesmas medidas de precaución.

En Vigo 17 plataformas en defensa da sanidade pública da comarca mobilizáronse fronte a delegación da Xunta. Piden recursos e profesionais para os centros das súas vilas, nos que a situación din é insostible.

O tempo. Predominan os ceos despexados, só hai algunhas nubes na na metade leste. As temperaturas case de verán.

Galicia Informativos
Más opciones