Mantemos hoxe a mirada no mar... Á primeira parada en Muxía, onde as forzas de seguridade traballan pra retirar do areal de Nemiña unha planeadora de 13 metros de eslora. Unha nova mostra da actividade dos narcotraficantes nas nosas costas.
Xa no sector pesqueiro, o Ministerio amosa a súa preocupación pola falta de relevo xeracional. Crearán unha esa de traballo pra impulsalo, e buscar alternativas que garantan a continuidade do sector
1. Rosa Quintana responde ós bateeiros pedíndolles unha reflexión sobre a actual produción de mexillón
A conselleira do Mar di que os produtores demandan cada vez máis semente de mexillón para poder producilo en menor tempo
2. González Formoso acusa a Alfonso Rueda de non atender ós intereses de Galicia tras anunciar un recurso de inconstitucionalidade contra o imposto ás grandes fortunas
O secretario xeral socialista tamén cualificou de populista a lei que establecerá un canon ós parques eólicos mariños
3. Folga dos traballadores da CRTVG para denunciar as represións ós empregados que alertan da manipulación informativa
Concentráronse en Compostela nunha nova xornada de reivindicacións que continuará mañá. Os servizos informativos están cubertos polos servizos mínimos
4. Continúa a retirada de cereal queimado na nave de Pontesa de Ponte Sampaio cinco meses despois do incendio no que faleceu un operario
Os veciños quéixanse dos cheiros que chegan ata as súas vivendas pero nin a Xunta nin o Estado lles deron resposta