O Sergas prepara o proceso de vacinación dos 93 mil galegos menores de 50 anos que recibiron hai semanas a primeira dose de Astra Zéneca.
O comité clínico da Xunta analiza mañá a ampliación do número de persoas que se poden reunir tanto en interiores coma ó aire libre.
O PSdeG propón a contratación de 5 mil sanitarios no SERGAS. Denuncian a contratación abusiva e taxas de eventualidade por riba do 30 por cento.
A Xunta incoa o proceso para declarar a Casa Cornide, na Coruña, Ben de Interese Cultural. E da proteción integral de forma cautelar ó edificio e o seu contido.
A nova factura da luz vai supoñer, segundo o BNG, un aumento sgnificativo do gasto para sectores clave da economía galega.
O Plan de incendios forestais deste ano prevé a creación dunha unidade específica de investigación dos lumes.