Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 24/05/22 24/05/2022 44:52

O Foro Económico de Galicia sinala que a administración pública precisa cambios para adaptarse á nova realidade social e tecnolóxica. Simplificar e axilizar a relación dos cidadáns coa administración é un dos eixos sobre o que xira este traballo, que demanda tamen unha xestión máis profesionalizada.

Iniciativa en defensa dun ferrocarril público, ecolóxico e sostible. Plataformas en defensa do tren de cercanías do norte peninsular únense nunha viaxe reivindicativa que os vai levar do País Vasco a Galicia entre o 26 e o 29 de maio.

Os traballadores de ENCE retoman as mobilizacións. Este venres farán unha marcha ata o porto de Marín para agradecerlle ó seu presidente o seu apoio á permanencia da pasteira en Lourizán.


O concello de Pontevedra conta con orzamentos de Europa para actuar no río Gafos. Destinará dous millóns de euros a destapar parte do Río Gafos que agora transcorre canalizado en Campolongo.

O tempo. pola tarde vanse ir abrindo claros e mañá xa recuperamos a influencia do anticiclón.

Galicia Informativos
Más opciones