Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 24/05/23 24/05/2023 32:56

O Ártabro, o barco que viaxa cara a augas de Terranova para face-la inspección do pecio do Villa de Pitanxo diríxese ó porto canadense de Saint John's. Vai recoller a outro perito xudicial. As fontes consultadas din que se trata dunha orde do xulgado que leva a investigación do naufraxio.

En venta a empresa ZF, auxiliar da automoción, con dúas factorías en Vigo e unha no Porriño. En total, a compañía ten 550 traballadores. CC.OO agarda que a operación non afecte ó emprego.

En Vigo, a policía detivo dúas persoas como presuntas autoras da queima de dous autobuses urbanos en Vigo. Son un home e unha muller, ela empregada de Vitrasa. O incidente relacionouse coa folga que realizan os traballadores da concesionaria do transporte.

Protesta dos traballadores da CRTVG ante o Parlamento para denunciar manipulación política. O director da Corporación, Sánchez Izquierdo, volveu defender e advertíu aos traballadores que non van cambiar de rumbo.

O tempo. De novo pola tarde aparecerán nubes de evolución. As temperaturas máis altas.

Galicia Informativos
Más opciones