As persoas con coronavirus volven pasar das 1.300.
son 36 máis que no anterior reconto. As infeccións activas ascenden en tóda-las áreas agás Vigo e Ferrol. Un tercio dos casos corresponde á área da Coruña e Cee.
- A Plataforma Galega polos Servizos Públicos da Dependencia convocou pra este sábado unha manifestación en Santiago.
Reclama uns servizos de atención á dependencia públicos e de calidade e un novo modelo de residencias de maiores. Denuncian que o actual responde aos intereses de grandes fondos privados.
- Accidente laboral mortal nunha pizarreira de Valdeorras.
Un operario faleceu ó precipitarse o camión que manexaba nunha canteira de Carballeda.
- Esta mañá reabriu o museo da catedral de Santiago.
Levaba sete meses pechado por mor da pandemia do coronavirus. Poderanse visitar tanto a colección permanente, como os espazos integrados na visita habitual do museo: o claustro, o Tesouro ou a capela das Reliquias.