Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 24/09/21 24/09/2021 44:54

A asociación de consumidores En Colectivo, autora da denuncia pola que a Comisión europea abríu o procedemento de infracción contra España polas prórrogas de concesión da AP9, considera que o Estado non vai ter argumentos na súa defensa polo que a Ap9 podería pasar a ser de balde a partir do ano 2023.
A asociación fai un chamamento a tódolos usuarios da autoestrada porque, de prosperar o procedemento contra España, se poderían reclamar as peaxes cobradas indebidamente desde o ano 2013.
Noite de aglomeracións ás portas dos pubs e discotecas con cargas policias en Santiago.
Os universitarios mostran a súa indignación, varios resultaron feridos debido ás cargas; os veciños, fartos do ruido indican que isto non ocorria cando os locais tiñan aforo completo.
A convención nacional do PP que culminará en valencia dentro dunha semana arrancará este próximo luns en Santiago.

Galicia Informativos
Más opciones