A Coruña é a cidade que vai promover a Xunta como sede da Axencia española de Intelixencia Artificia. Competía con Santiago e Ourense. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, adianta que a marxe desde dictame seguirán adiante coa súa proposta.
O concello de Vigo decretou un día de loito en memoria da muller de 56 anos presuntamente asasinada por un veciño do seu edificio. Os feitos tiveron lugar este domingo na rúa Zamora. O home que está detido e está previsto que mañá pase a disposición xudicial.
Este mércores comezan as comparecencias no Parlamento para detallar, polas distintas áreas, os orzamentos de Galicia par 2023. A oposición confirmou que vai presertar unha enmenda á totalidade... o BNG demanda unha política fiscal distinta.
Desde hoxe poderán atopar máis controis de Tráfico en estradas con obras en marcha. Forma parte dunha campaña nacional da DXT pra reduci-los accidentes e, especialmente, os atropelos a operarios.
- O tempo. hoxe con menos vento e chuvia. As temperaturas non varía... seguen altas para esta época do ano.