Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 24/11/22
24/11/2022
44:29
A provincia de Pontevedra é a máis afectada polas choivas das últimas horas. Hai risco de que o río Tea volva desbordarse con perigo para máis dunha decena de vivendas da parroquia de Moreira, en Ponteareas. E no Rosal, o río Carballas desbordou en varias zonas, pídese precaución ós veciños tanto nas beiras deste río coma no Miño. Mondariz ou o Porriño son outras das localidades afectadas. Tamén en Vigo, onde a auga provocou a primeira hora a caída dun muro en Castrelos e obrigou a cortar a estrada nese punto.