A precampaña electoral vai collendo pulo ante a proximidade dos comicios municiapis do 28 de maio. En Santiago o PP celebrou un acto que acaba de rematar para presentar aos 313 candidatos que pechou Alberto Núñez Feijoo. O ministro do Interior estivo esta mañá na Estrada para avaliar ao aspirante socialista. E o BNG fixo o propio no Porriño onde Ana Pontón amadriñou ao seu candidato.
En Ferrol houbo unha homenaxe a Rafael Pillado, o sindicalista e activista morto este luns por asbestose.
E unha boa parte deste informativo dedicarémola a profundizar na figura e na obra de Martín Códax.
Tamén a neve afecta arestora a algunhas vías de circulación ainda que non hai ningunha estrada cortada. Da rede principal hai que circular con preacaución na A-8 no Alto do Fiouco, na A-6 ao seu paso polas Nogais. As restriccións na A-52 nos concellos de Riós e Allariz que estiveron activas toda a mañá xa están levantadas.