A pandemia entrou en GAlicia nun punto de estabilidade. Os novos casos teñen unha baixada moi lixeira nun día de repunta dos contaxios, e os hospitais continúan baleirando camas.
O baixo ritmo de vacinación e a posibilidade dunha cuarta vaga xeran incerteza na economía. Galicia resiste mellor que o conxunto do Estado o envite da crise, pero o PIB galego cae case un 9%.
Consello da Xunta monográfico sobre os fondos europeos "Next Generation". Analizaron 354 proxectos pra optar a eses fondos europeos. A Xunta apoiará ás pequenas empresas pra que poidan optar
Adolfo Domínguez quere prescindir de 300 traballadores en toda España. Descoñécese aínda o impacto que o ERE terá nos servizos centrais de Ourense.
Nova concentración da Ciga, en paralelo cos sindicatos nacionalistas de Cataluña e Euskadi. Reclaman a derrogación íntegra da reforma laboral
A Igrexa do mosteiro de Santo Estebo segue desvelando segredos agochados durante séculos. As obras de restauración sacaron á luz varias pinturas murais dos séculos 15 e 16.
No tempo, máis nubes e posibilidade dalgún orballo illado e ocasional no extremo norte.