Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 25/03/22 25/03/2022 44:24

A central térmica de Endesa parará esta noite debido á falta de carbón. Os camioneiros que transportan o mineral desde o orto de Ferrol secundan, de momento, o paro do transporte.

Na pesca, aínda que hai un acordo, a situación está lonxe de normalizarse. Os barcos do cerco veñen de decidir que o luns reanudarán a actividade na confianza de que neste periodo se restableza a normalidade no transporte.

Non hai unanimidade no paro da hostalaría. A Confederación de Empresarios de Hostelaría de Galicia non apoia. De momento só o fai unha das dúas asociacións de Santiago.

O Consello da cultura estrea en formato podcast "A camisa", unha peza teatral de Lauro Olmo. A obra narra en cinco capítulos o drama da emigración. E unha homenaxeó autor no centenario do seu nacemento.


O tempo. Aumenta algo a inestbilidade pero seguen as temperaturas altas.

Galicia Informativos
Más opciones