Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 25/04/23
25/04/2023
44:38
Os riscos do traballo no mar volven hoxe ás nosas portadas. En Cantabria segue a busca dun mariñeiro que caeu ó mar cando o barco, con base en Camariñas, andaba ó bocarte. Trátase dun home de orixe peruana que se precipitou á auga cando lanzaba a rede. Na súa busca participan outros pesqueiros de Camariñas que se atopan na zona xunto ós servizos de emerxencia de Cantabria.
E no mar tamén se atopou esta mañá unha macheta que podería se-la arma coa que se cometeu o homicidio de Muros. Crese que o presunto autor a tirou á auga en Esteiro pra eliminar probas.