A coordinadora "Eólica, así non" propón unha xestión pública da enerxía procedente do vento. Tendo en conta que Galicia é excedentaria pide que se analice ata qué punto compensa seguir montando parques eólicos que só favorecen ás grandes compañías eléctricas.
O sindicalista, Xesús Anxo López Pintos, non terá que entrar no cárcere.
A Audiencia da Coruña deixa sen efecto a condena a 6 meses de prisión pola súa implicación nuns disturbios en Ferrol hai 10 anos.
O Partido Popular na Deputación de Ourense négase a reprobar o alcalde Pérez Jácome. PP e Democracia ourensá rexeitaron unh moción para reprobar a Jácome pola agresión a unha sindicalista durante as manifestacións dos traballadores do transporte urbano.
O alcalde de Vigo comprométese a apoiar ante o goberno as demandas dos familiares das víctimas do Pintanxo. O pleno da corporación aprobou esta mañá por unanimidade unha moción na que se pide que se poñan os medios para localizar o arrastreiro afundido.
Recupereamos a influencia do anticiclón e a partir de hoxe van ir subindo as temperaturas.