Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 25/05/23
25/05/2023
33:16
Centos de persoas agardan en Ourense por intervencións que precisan dun TAC intraoperatorio que está estropeado. Deixou de funcionar hai 5 meses, pero non foi ata finais de abril cando o Sergas decidiu adquirir un novo dispositivo. Aínda non hai prazos pra súa posta en marcha, pra desesperación dos doentes afectados, que en moitos casos precisan intervencións urxentes.
En SAntiago, un congreso analiza os novos tratamentos pra tratar o cancro entre os máis cativos. Un encontro paroveitado polos profesionais pra reivindicar a necesidade de reforzos no sistema público.