Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 25/06/22 25/06/2022 30:05

O presidente da Xunta dá a benvida ás novas medidas anticrise do Goberno, pero asegura que chegan tarde. Rueda insiste en poñer sobre a mesa rebaixas fiscais para aliviar a situación económica de familias e empresas.

Pola súa banda, o grupo socialista anuncia unha batería de propostas parlamentarias para mellorar as condicións laborais na Atención Primaria.

No balance de tráfico, hoxe, dous falecidos, en Carballo e Malpica.

E este sábado, oito vóos afectados en Santiago na segunda xornada de folga dos tripulantes de cabina de Ryan Air. Houbo retrasos nas conexións con Forteventura, Alacant e Málaga. Cancelados os de ida e volta a Marsella.

Galicia Informativos
Más opciones