Galicia Informativos   Crónica Galicia .- 25/0672021 25/06/2021 50:02

Malestar nos concellos máis pequenos polo peche de sucursais bancarias.

O alcalde de Cerdedo- Cotobade, Jorge Cubela, ameaza con retira-las contas municipais de ABANCA se a entidade mantén a decisión de pechar a única oficina bancaria da parroquia de Carballedo.


- En Vigo, a autoridade portuaria acordou extinguir a concesión ás antigas factorías Vulcano.
 
Ábrese agora o periodo de redacción dos pregos para unha nova concesión para un proxecto industrial que o porto quere que sexa pra unha actividade naval.

- Comezan as rebaixas..

Os comerciantes confían no efecto dos descontos para compensar parte das perdas causadas polo coronavirus.

- Xiro á esquerda no concello de Ferrol.

O Goberno en solitario do PSOE chegou a un acordo co BNG para sacar adiante os orzamentos do 2021. O pacto inclúe a rehabilitación da casa natal do escritor Carvalho Calero.

Galicia Informativos
Más opciones