Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 25/07/21 25/07/2021 30:10

Galicia celebra o seu día grande. Un 25 de xullo centrado, no institucional, na ofrenda ó Apóstolo que neste Ano Santo ofreceu ó Rei na Catedral, nunha visita coa familia real ó completo, onde Felipe Sexto apelou á unidade de España e á convivencia.
Actos institucionais que continuarán pola tarde, tamén coa asistencia do presidente do goberno Pedro Sánchez, para participar xunto a Felipe VI na xuntanza do Real Padroado de Santiago e na entrega das Medallas de Galicia ó colectivo sanitario encargado da vacinación. No político, celebración do Día da Patria coa manifestación que discorre arestora polas rúas de Compostela coa que o BNG reclama o dereito ó autogoberno de Galicia.
Volve aumentar o número de contaxios pola Covid, con 22 hospitalizados mais e mais de 1.400 novos contaxios...
E na entrevista dos domingos, hoxe o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
De seguida empezamos.

Galicia Informativos
Más opciones