Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 25/07/23 25/07/2023 30:06

Hoxe están pechados os parques comarcais de bombeiros de Cee e Betanzos.

Non dispoñen dos efectivos mínimos. Os traballadores están en folga desde o 15 de xuño para demandar máis medios e o pase a fixos, conforme a unha sentenza xudicial.

Betanzos e A Rúa seguen sen poder consumir auga da billa.

No municipio de Valdeorras tra-la limpeza dos depósitos, agora o concello decidiu pechar unha captación de auga por se está alí a orixe da comtaminación.

Hoxe é a Festa da Xouba en Rianxo, un peixe agora dintiguido cun selo que acredita a súa orixe.

A Confraría impulsou este distintivo de calidade para evitar falsificacións nas conservas.

Queixas da confraría de Cangas polos cortes na subministración eléctrica.

Afecta a producción de xeo. Pide ó concello que presente unha reclamación á Naturgy a compañía eléctrica responsable.

O tempo. Os ceos van estar máis despexados canto máis ó suer de Galicia. As temperaturas en ascenso.

Galicia Informativos
Más opciones