A dúas semanas do inicio do curso, reúnese a mesa sectorial de Ensino, coas medidas que rexerán a volta ás aulas como único punto sobre a mesa. As anpas e sindicatos galegos reclaman presencialidade, pero que a seguridade nas aulas non se vencelle á situación económica.
A deputación permanente rexeita a comparecencia do presidente da Xunta pra falar da esixencia do Certificado Covid, anulado polos tribunais. O PP vetou coa súa maioría a petición do BNG.
A Xunta eleva a previsión anual de compostelas a 140 mil. Hai un 80 % máis de peregrinos que o ano pasado.
Os armadores atribúen ó exceso de celo o apreixamento do Punta Vixía en Irlanda. Foi liberado despois de pagar unha fianza de 105 mil euros.
Os sindicatos policiais sitúan en 350 o déficit de axentes en Galicia. Reclaman a convocatora das prazas necesarias.