Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 25/08/23
25/08/2023
30:09
A economía galega desacelérase. Os datos do PIB do segundo trimestre deixan un crecemento de só unha décima. E o sector servizos é o que máis contribúe a ese frenazo. Son datos ata o mes de xuño, pero os de ocupación hosteleira de xullo non permiten moito optimismo: baixou respecto ó ano 2022. O sector apunta á inflación como posible causa, tamén ás eleccións xerais. O presidente da Xunta prefire poñe-lo foco no aumento de visitantes fóra da temporada alta.