Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 25/10/21 25/10/2021 44:55

Milleiros de galegos maiores de 80 anos foron citados nesta xornada pra recibi-la terceira dose da súa vacina contra a Covid. Un reforzo que busca aumenta-la protección dos máis vulnerables que se irá estendendo ó resto dos maiores de 70 a medida que cumpran os 6 meses da segunda dose. Ademáis, nos centros de saúde tamén lles ofreceron a vacina da gripe.

Centros de saúde nos que se está ensaiando unha nova forma de pedir cita... un operador dirixirá ós pacientes cara ó profesional que considere máis axeitado, no canto de agardar a que o faga o médico de cabeceira.

Galicia Informativos
Más opciones