Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 25/10/22 25/10/2022 25:06

Os familires dos mariñeiros que morreron no Villa de Pitanxo intervirán pola tarde na eurocámara.Na Comisión de Peticións pedirán que se inste ao goberno español a baixar ao pecio para esclarece-las causas do afundimento.

O presidente do Clúster das TIC de Galicia pide unidade en torno á candidatura da Coruña para acoller a sede da Axencia Española de Intelixencia Artificial. Antonio Rodríguez del Corral entende que unha vez que a Xunta e as universidades fixeron a súa escolla, agora o que toca é remar todos na mesma dirección.

Rematada a temporada alta de risco de incendios os bombeiros forestais saen á rúa. Reclaman traballos estables durante todo o ano que permitan ter un corpo de bombeiros forestais formado, e realizar tarefas de prevención e ordenación.

Prisión comunicada e sen fianza para o home dedido por matar a unha veciña en Vigo. Está investigado por un presunto delito de asasinato. Entrou na casa da muller e deulle varias coiteladas que lle provocaron a morte.

O tempo. Nova tarde de chuvia e vento. As que non cambias son as temperaturas.

Galicia Informativos
Más opciones