500 positivos con coronavirus nun só día en Galicia.
É a cifra máis alta nunha xornada en tres meses. Agora xa hai máis de 3.500 persoas coa enfermidade das que máis dun cento requiren hospitalización.
O conselleiro de sanidade anuncia no Barco a incorporación de dous novos traumatólogos para o hospital comarcal.
O domingo haberá unha manifestación para denunciar a situación do centro hospitalario. Os convocantes denuncian que cada mes oitenta pacientes son derivados ata Ourense por falta de especialistas.
Unións Agrarias valora que a reforma da lei de cadea alimentaria incorpore o custe efectivo da producción.
Cando se aprobe, este sindicato denunciará os incumprimentos das industrias e dirixe as súas críticas a Lactalis e Central lechera Asturiana.
Satisfacción das familias das víctimas do crime do Cash Record.
A xuiza ve serios indicios de criminalidade que permiten atribuir ó unico investigado a súa participación nos feitos.
O tempo. fóronse abrindo claros pero mantense certa inestabilidade.