Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 25/11/22 25/11/2022 44:30

Educar en igualdade desde unha perspectiva feminista, que tódalas vítimas teñan os seus dereitos garantidos residan onde residan, cambios socioculturais que eliminen os roles patriarcais. Políticas públicas teñan como un dos seus obxectivos principais a eliminación da violencia de xénero. Ou poñer o foco nos agresores, mudar a mentalidade machista de culpar á muller polo que fai ou como o fai.

Estas son algunhas das peticións e obxectivos pronunciados durante a mañá por colectivos feministas e tamén nos diferentes actos institucionais polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. En Galicia 65 mulleres foron asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas desde que hai rexistros.

Esta tarde haberá manifestacións nas principais cidades coma Compostela, Ourense, Vigo ou Lugo. Tamén en Vilagarcía, Lalín, Ordes, Monforte, Vilalba ou Ribeira.

Galicia Informativos
Más opciones