Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 26/07/24 26/07/2024 30:08

Noticias de Galicia - Novas de Galicia en Rne

Case no día exacto do aniversario do accidente, a maxistrada Elena Fernández Currás dictou sentenza no macroxuizo polo sinistro de Angrois. 

E faino pra dar a razón ás víctimas, as únicas que mantiveron a acusación contra o ex director de seguridade de ADIF, Andrés Cortabitarte. Di a sentenza que resulta incomprensible que se conciba unha liña de alta velocidade cos sistemas de protección máis seguros que existen pra logo modifica-lo proxecto, retirar esa protección, e non analiza-los riscos en materia de seguridade.

Andrés Cortabitarte e o maquinista José Garzón, di a sentenza, infrinxiron o seu deber e aumentaron o risco dun resultado que estaban obrigados a evitar. Cometeron, pois, 79 delitos de homicio e 143 de lesións por imprudencia grave, e deberán cumprir 2 anos e medio de cadea.

Galicia Informativos
Más opciones