A convocatoria de eleccións autonómicas xa foi anunciada a semana pasada, pero é hoxe cando comezan a contar os prazos coa publicación do decreto correspondente no Diario oficial de Galicia. a convocatoria trastoca así a actividade dos partidos.. que se reactiva a pesar do nadal. E é que o adianto electgoral colleu a varias formacións sen os deberes feitos. Sumar ou Podemos non elixiron aínda a persoas que aspirará á presidencia da Xunta.... a formación morada inicia hoxe o proceso que espera culminar nunha semana. E é que o día 5 xa remata o prazo pra formalizar coalicións.
- A policia nacional abre unha investigación interna pra esclarecer a morte dun home tralos disparos dun axente.
O SUP asegura que o axente actuou en defensa propia. De momento, non hai unha versión oficial dos feitos.
- O PSOE pide a renuncia dun concelleiro do PP de Cangas ó que acusan de agresión a unha edil.
Alfonso Rueda non aprecia a agresion e di que a denuncia é un intento por parte dalgúns de elevar a tensión e a crispación co fin de obter réditos electorais.
- O centro de saúde de Castroverde, en Lugo, está unha semana sen médico.
Os veciños concentráronse hai uns minutos ante o ambulatorio. Pra ser atendidos teñen que desprazarse ou o Congro ou ó Hospital de Lugo.
- Semella que este ano non haberá os mesmos problemas coa recollida de mellixa.
Os bateeiros aseguran que este ano a a cría de mexillón é abundante e de boa calidade.