Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 26/01/23
26/01/2023
45:10
O paro baixou en 3.700 persoas en Galicia en 2022, o que supón unha caída do 2,73% respecto de 2021, mentres que o emprego creceu en 13.200 postos. Son os principais datos que nos deixa a Enquisa de Poboación Activa, que sitúan á nosa como unha das tres comunidades onde máis caeu o desemprego de forma trimestral.
Son datos bos, é algo no que hai unanimidade de interpretación, pero con matices. Os sindicatos poñen o aceno en dous feitos: o problema demográfico con progresiva perda de poboación activa e a falta de impulso ó sector industrial. Algo no que coincide a oposición. O PSdeG demanda á Xunta un plan de axuda ás empresas ante a suba dos seus gastos.