Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 26/02/23 26/02/2023 30:01

O domingo déixanos unha feliz noticia: a liberación da activista coruñesa de 24 anos Ana Baneira. Estivo case catro meses na cadea en Irán por levar mal colocado o velo islámico. Voa nestes momentos cara a España e a súa familia agarda a chegada a Galicia a última hora do día.

Neste tempo informativo falaremos tamén da exclusión dixital das persoas de máis idade. Xa empeza a haber movimentos como o do concello de Ames que elimina a cita previa para as xestións e basta con acodir ás oficinas para facelas presencialmente.

No tempo da entrevista o convidadado é Borja san Ramón, secretario xeral de Podemos Galicia.
 

Galicia Informativos
Más opciones