Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 26/03/21 26/03/2021 49:56

Alberto Núñez Feijó reuniuse xa coa líder da oposición, a nacionalista Ana Pontón. A lider do BNG presentoulle ó presidente da Xunta catro bloques nos que actuar: sanidade, recuperación económica, infraestructuras e autogoberno. Continúa agora reunido co lider socialista.

A frota de baixura secunda hoxe unha xornada de folga contra a instalación de cámaras no barcos.
Embarcacións de tódolas confrarias sairon á bocana dos portos facendo soar as súa bucinas.

Uns dez mil traballadores do sector da automoción vanse ver afectados pola falta dun microchip para os coches. Ó ERTE para 3.800 operarios que propón Stellantis hai que engadir os das empresas auxiliares.

O exconselleiro de Industria, Fernando Blanco, satisfeito co Consello Xeral do Poder Xudicial. Recoñécelle que ten dereito a ser indemnizado polas irregularidades e retrasos das operacións xudicias instruídas pola xuiza Pilar de Lara.

No tempo....hoxe unha fronte fría a Galicia vai deixar chuvias pouco significativas

Galicia Informativos
Más opciones