O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, vén de confirmar que se amplía o límite de reunións de non conviventes na hostalaría de 4 a 6 persoas no interior e de 6 a 10 persoas no exterior.
(Manténse a prohibición de reunións entre a unha da madrugada e as seis da mañá)
Amplíanse ademais as cabidas do 50 ao 75 por cento en comercios, actividades profesionais, académicas e culturais. Sempre respetando as distancias de seguridade.
A xunta vai propoñer unha especialidade de médicos para primaria. Dise xeixo espera atopar unha solución a falta de médicos para cubrir as vacantes nos ambulatorios. Os colexios de médicos ven a medida con bos ollos. Consideran que a carga das axendas dos médicos e a falta de substitutos é o pricipal problema pra reactivar a atención primaria, agora baixo mínimos.
A evolución da pandemia é favorable. Sen embargo aumenta o número de concellos confinados. Agora son Lobios, A pobra do Caramiñal e Mos
Amplo seguimento da xornada de folga en Galicia contra o ERE no BBVA e manifstación na coruña