Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 26/05/22
26/05/2022
44:17
O sector naval pecha a súa feira internacional en Vigo falando de boas perspectivas do futuro, pero os traballadores denuncian hoxe nas rúas incertezas e despedimentos nas principais industrias da comarca. Os traballadores de Barreras concentráronse diante da sede da Xunta en Vigo pra reclamar a recolocación dos empregados, e en Metalship reclaman o desbloqueo do convenio, e denuncian novos despedimentos. O presidente da Xunta cre que o sector ten futuro se os fondos europeos se usan pra modernizarse e renova-las flotas.