Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 26/07/21 26/07/2021 30:13

Os descontos na AP-9 poderían comezarse esta mesma semana.
O decreto correspondente vai ser aprobado mañá no Consello de ministros.

Xa saben as viaxes de volta no mesmo día serán de balde, incluídos festivos, e aínda pode sumarse un 20 por cento de desconto máis en funcion do número de viaxes.
En Galicia xa hai máis de 17 mil persoas con coronavirus e soben as hospitalizacións.

xa hai máis de 250 persoas ingresadas, 30 máis nunha xornada. En críticos hai 25 enfermos, tres máis ca onte.

Detectado un brote de Covid-19 con 22 peregrinos contaxiados en dous albergues do municipio coruñés do Pino.

En Ourense, sete usuarios do "Fogar do Transeúnte" están confinados tras detectarse un positivo por Covid.

Antes de que remate este ano, o PSdeG vai face unha proposta para reformar o Estatuto de autonomía.

O secretario xeral, Gonzalo Caballero, di que é hora de actualiza-lo. O portavoz do PP, Pedro PUy, é excéptico sobre a posiblidade de que se poida chegar a un acordo.


Aprázase a declaración do Chicle nun xulgado de Noia en relación á suposta violación da súa cuñada.

O motivo é que o fiscal tiña que participar noutro procedemento. Fixouse unha nova cita para mañá.

Galicia Informativos
Más opciones