A piques de que remate agosto e de poñer o peche final ás vacacións de verán...Os expertos advirten que o consumo de alcol entre os menores en Galicia aumentou. o abuso detéctase en idades cada vez máis temperás. Un dato. No 2022 o servizo de Urxencias do 061 atendeu a 686 adolescentes con intoxicacións etílicas: foron un 20 por cento máis ca o ano anterior.
Damos conta da morte dun mozo de 28 anos esta pasada madrugada, no municipio ourensán de Ramirás tras sairse da via o vehiculo no que circulaba e chocar contra unha árbore. O accidente produciuse antes das 7 desta mañá- e as causas do accidente estanse a investigar. Tamén en Ourense, no municipio de Melón faleceu este sábado un home tras sufrir unha picadura de avispa.
No tempo da entrevista falaremos co escritor Xavier de Cea, que vén de publicar coa editorial Galaxia, "Coimbra" a sua primeira novela