Medio cento de empresas do sector do metal están pensando en pechar plantas ou eliminar turnos de traballo polo alto custo da enerxía. A Asociacion de Industrias do Metal calcula que máis dun milleiro de traballadores que poderían verse afectados senon se toman medidas inmediatas.
A CIG anuncia mobilizacións para demandar uns salarios máis altos para os traballadores públicos. Considera insuficiente o 4 por cento de suba anunciada por Facenda porque acumulan un 30 por cento de perda de poder adquisitivo desde a anterior crise econímca.
O río Lérez normaliza o caudal pero Ence non está en condicións de reanudar a actividade. Celulosas ten rota a tubaxe de captación de auga. A fábrica leva tres meses parada.
No Día Nacional do Dano Cerebral, doentes e asociacións reclaman máis medios públicos. Inciden na importancia de poder desenvolverse de forma autónoma e nas mellores condicións posibles.
O tempo. chega una nova fronte... polo tanto agárdanos unha tarde de vento e chuvia.