Preocupación en Noia polo impacto no banco marisqueiro do exceso de auga doce.
As enchentas dos ríos provocan unha reducción da salinidade no esteiro. Xa empezaron a aparecer exemplares mortos.
En Valdeorrras, o sector da lousa elixe o porto de Leixoes antes que o de Vigo para exportar.
Sinalan que é máis axil e barato porque en Vigo a lousa non ten aa mesma prioridade que outros productos.
Os traballadores despedidos de Alcoa na Coruña esperan que non afecte ó cobro de indenizacións a reapertura da investigación sobre a venda da fábrica.
A Audiencia Nacional considera prematuro o peche da investigación. Atende así a demanda dun grupo de extraballadores.
Balance dos grupos parlamentarios ó remate do periodo de sesións marcado polo relevo na Xunta.
Para a oposición non cambiou nada con Rueda como presidente. Para o PP foi unha leición de cohesión e estabilidade.