Os mariscadores lamentan non poder aproveitarse dos altos prezos dos bivalbos.
Ás lonxas case non chegan moluscos porque a actividade está prácticamente parada en tódo-los bancos marisqueiros. Finalmente, as distintas agrupcións vanse poder reunir o vindeiro venres co conselleiro do Mar.
Ese día o marisqueo a frote comeza un paro biolóxico. Así que sin actividade tanto en terra como no mar, hai confrarías como a de Vilanova que xa barallan facer un ERTE.
En función da resposata que atopen na administración, os mariscadores non descartan mobilixzacións.
- O candidato socialista á presidencia da Xunta traslada ó comité de empresa de Alcoa o cambio que permitirá poñer en marcha proxectos eólicos clave.
O Boe publica hoxe a modificación que da prioridade ós parques que teñan a declaración de impacto ambiental favorable, aínda que fóra do prazo límite previsto.
- A portavoz de Sumar no Congeso, Marta Lois, será a candidata da formación á presidencia da Xunta nas próximas eleccións autómicas.
A propia Yolanda Díaz fará oficial a designación nun acto previsto pra hoxe á tarde en Santiago.
- Os empresarios de salas de festa e discotecas de Galicia detectan este ano a metade de festas ilegais.
Aínda así calculan que chegarán a case medio milleiro. O sector recupérase tr-la pandemia.
- "Cibercarracho" foi escollida como palabra do ano.
O neoloxismo, que tira do humor pra alertar dos riscos da ciberdelincuencia, fíxose co 40 por cento dos votos