Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 27/01/23
27/01/2023
44:16
Declaración institucional para reclamar avances na construción do corredor atlántico noroeste. Galicia, Asturias e Castela e León fan fronte común en defensa da infraestrutura ferroviaria para o transporte de mercadorías e recordan que é o momento axeitado xa que se pode contar con fondos europeos.
Presentes os tres presidentes autonómicos no cumio que se celebra en Compostela, tamén se reivindicaron melloras nas liñas internas ferroviarias e moi destacado o papel dos portos: desde a autoridade portuaria coruñesa lembran que o 50 por cento das mercadorías teñen saída ou chegada por mar pero móvense por tren menos do 4 por cento.