Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 27/02/22 27/02/2022 30:05

Os familiares dos desaparecidos no Villa de Pitanxo piden unha investigación profunda que aclare as causas do accidente, cren que o comunicado da armadora non é rigoroso.

Ucraínos residentes en Galicia organízanse para crear unha ASociación que faga chegar ao país a axuda humanitaria que ten problemas para acceder ao lugar do conflito

Alberto Núñez Feijoo avoga por respeta-los tempos de cara ó congreso estatal do PP para sustituír a Pablo Casado.

Cigarróns, peliqueiros e pantallas son os protagonistas hoxe no día grande do entroido do triángulo máxico ourensán

No tempo da entrevista, escoitaremos ó histórico sindicalista ferrolán Rafael Pillado, cando están a piques de cumprirse 50 anos das protestas 1972 nos estaleiros. Un episodio que se saldou con dous traballadores asasinados pola policía.

Galicia Informativos
Más opciones