Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 27/03/23 27/03/2023 44:30

Reunión de Medio Rural coas organizacións agrarias ante o retraso dos contratos do sector lácteo. José González compromete vixilancia pra que se cumpran tódolos requerimentos nos novos contratos. Lembra que os custos seguen altos e aposta por estabilidade nos prezos

Ante a escaseza de mexilla, os bateeiros xestionan a compra de mexilla fóra de Galicia. No Mediteráneo ou Portugal, onde hai a mesma especie de bivalvo. Unha medida desesperada, que os deixaría fora da denominación de orixe

Os sindicatos do servizo de transporte de viaxeiros por estrada culpan ás baixas temerarias de Monbús e Alsa do bloqueo do seu convenio. Un bloqueo que os levará á folga este venres. Denuncian salarios de menos de mil euros por xornadas de ata 12 horas

Os traballadores de GRI Towers, no Carballiño, enfrontan un posible expediente temporal. Afectaría a máis de 400 traballadores. A empresa, adicada ó sector eólico, asegura que propón a medida ante unha caída da produciÖN


Canto ó tempo, xornada hoxe de ceos despexados e temperaturas en alza.

Galicia Informativos
Más opciones