Os datos da pandemia están estabilizados, con lixeiras alzas na presión hospitalaria. Esta tarde terá lugar unha reunión do comité clínico da que non se agardan novos pasos na desescalada.
A Xunta denuncia discrecionalidade no goberno central no reparto de fondos para os gastos da pandemia. O conselleiro de Facenda agarda que esa situación non se manteña na asignación dos plans de recuperación financiados con fondos europeos.
Operación policial contra o tráfico de drogas en varias localidades das provincias de Pontevedra e a Coruña. Realizáronse rexistros en domicilios de Cambados, A Illa, Porriño, Ponteareas, Tui, Vigo e Ferrol. Hai dez detidos.
O actual modelo educativo reduce as competencias en galego dos alumnos castelán-falantes. Un estudo da Real Academia galego acredita que case 1 de cada 3 alumnos que falan castelán acaban a ESO cunha escasa competencia en galego.
O tempo. Mantense certa inestabilidade