Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 27/05/2021 27/05/2021 50:13

Comezou o proceso para inocular a segunda vacina ós menores de 60 anos que recibiron a primeira de Astra Zeneca hai tres meses. A segunda dose demorouse pola dúbidas wque xurdiron sobre a resposta a esta vacina entre os máis novos. De feito agora, xa saben permíteselles elexir. Hoxe empezaron a vacinarse en Ourense. Aínda que a maioría opta por reptir, hainos que non  e outros combinan na mesma familia.

A pandemia puxo ó descuberto o negocio que rodea os coidados ás persoas, segundo a CIG

Este sindicato promove unha iniciativa lexislativa popular para que se regule a atención ós maiores a través dunha rede de centros de titularidade pública.

O BNG pide unha moratoria eólica.

O deputado do BNG, Néstor Rego, solicita a paralización de tódo-los megaproxectos previstos en Galicia porque afectarían a espacios de especial sensibilidad ambiental.
Novas protestas dos traballadores de Navantia e Endesa...

Os de Navantia, que marcharon ata o porto, levantaron barricadas na rotonda do peirao. Os da central térmica manifestaronse ata o centro das Pontes polo  desmantelamento industrial da comarca.

A axenda do presidente da Xunta desenvólvese hoxe en Portugal.

Arestora está reunido no Palacio de Belém, en Lisboa, co presidente da república, Marcelo Rebelo de Sousa e ás catro manterá unha xuntanza co primeiro ministro António Costa, pra falar de infraestructuras e relacións transfronteirizas

Galicia Informativos
Más opciones